ACT TV 2015

ESPECIAL

24 Xu˜ 2015

O reto Koipe está de estrea

O reto Koipe está de estrea

Nesta nova sección, dous remeiros deberán saber se o que está dicindo o seu compañeiro é verdadeiro ou falso

Hoxe damos a benvida a unha nova sección que nos acompañará ao longo de toda a Liga San Miguel. Unha sección que chega da man de Koipe e que porá a proba a habilidade persuasiva dos remeiros cara eses compañeiros cos que conviven día a día. Cada semana dous remeiros dun club diferente participarán neste xogo de verdadeiro ou falso. E para estreala, Dani Torrado e David Vieites, remeiros de Cabo, achéganse ao reto de Koipe.

O funcionamento do xogo é moi sinxelo. Dous remeiros lanzaranse entre si tres preguntas sobre vivencias persoais e o seu compañeiro deberá acertar se o que di é verdadeiro ou falso. O que máis acerte, gaña. A victoria residirá na habilidade que teña cada remeiro en persuadir ao do lado. Boa sorte!

Voltar