Novas

COMPETICION

10 Ago 2022

O sábado desputaranse as bandeiras de Ondarroa da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

O sábado desputaranse as bandeiras de Ondarroa da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Ondarroako XXXVIII. Bandera-Cikautxo SN é a bandeira que se vai desputar na tarde do sábado na baía de Ondarroa, tanto na regata da liga Eusko Label como na da Liga Euskotren. Primeiro será a vez da competición feminina (17:40 horas), e despois a dos mozos, ás 18:13 horas.

Máis un ano, o alcalde de Ondarroa Zunbeltz Bedialauneta e o presidente de Ondarroa Arraun Elkartea Koldo Azpiazu amosaron a súa satisfacción con este evento deportivo de alto nivel no mundo do remo na localidade. "Dende pola mañá nótase un ambiente especial e moita veciñanza participa dun xeito ou de outro na regata, tanto acompañando como como espectadores", subliña o Alcalde. "Ademais deste ano temos que apoiar especialmente os remeiros do equipo local para facer unha boa regata na casa e afastármonos dos postos de abaixo. Facemos un chamado á cidadanía para que dende pola mañá amenice a vila con camisolas vermellas, para que os deportistas tamén sintan o apoio popular", engade o Alcalde.

Na regata feminina participarán os seguintes equipos: Orio, Arran Lagunak, Donostiarra e Tolosaldea. A regata de mozos estará composta por estes equipos: Na primeira quenda competirán Ondarroa Cikautxo, Santurtzi, Ares e Cabo da Cruz. Na segunda, Lekittarra, Zierbena, Getaria e Kaiku, e na quenda de honra Bermeo Urdaibai, Orio, Donostiarra e Hondarribia.

A FAN ZONE da regata estará ubicada na carpa de Itsasaurre e nela estará, entre outros, a pantalla xigante, a posibilidade de degustar produtos Eusko Label, a cervexa da competición, Keler, ou a opción de tirar unha fotografia coa Corona CaixaBank ou co Trofeo Euskotren.

Voltar