Novas 2021

COMPETICION

20 Ago 2021

Ondarroa e Hondarribia, os encontros desta fin de semana

Ondarroa e Hondarribia, os encontros desta fin de semana Ondarroa e Hondarribia, os encontros desta fin de semana

Algúns clubs vogarán por última vez en augas de Bizkaia e Gipuzkoa

Esta fin de semana, a Liga Eusko Label vogará en augas de Ondarroa e Hondarribia, e servirá para algúns desputaren as súas últimas regatas en augas de Bizkaia e Gipuzkoa. Despois desta fin de semana, e do terceiro fin de semana en Galiza, en Bermeo e Portugalete apenas vogarán os oito primeiros clasificados, sendo a última regata para algúns en augas do País Vasco.
 
O sábado desputarase a XXXVII Ondarroako Bandera – Cikautxo SN a partir das 18:13 horas. Un campo de regatas que se lle dá ben a Zierbena, quen gañou en dúas das catro edicións desputadas, ademais de marcaren o récord do campo no 2018 (19´44”96). 
 
O domingo, será a vez da Hondarribiko XXXIV Bandera – Mapfre SN a partir das 12:13 horas. Previamente desputarase unha regata da  Liga Euskotren non puntuábel (XIII. Txingudiko Bandera ONDOAN Sari Nagusia). Un campo de regatas onde nos último anos apenas repetiu Urdaibai (2016 e 2017), e houbo gañadores como Santurtzi, Orio e Cabo. 
 
Despois da desputa das xornadas 13 e 14 da Liga Eusko Label, as quendas decídense en base á clasificación xeral tanto o sábado como o domingo. Así, as doce mellores traiñeiras do cantábrico e atlántico, dividiranse en tres quendas de catro traiñeiras diferenciadas segundo a clasificación xeral. Daquela, o sábado en Ondarroa na primeira quenda vogarán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, Lekittarra Elecnor e CR Ares. Na segunda quenda vogarán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai Avia e Orio Orialki, mentres que na quenda de honra vogarán Zierbena Bahías de Bizkaia, Donostiarra Amenabar, GO fit Hondarribia e Santurtzi Transportes y Gruas Aguado. 
 
Como adoita ser habitual, as traiñeiras realizarán catro longos e tres ceavogas para percorreren as 3 millas mariñas.
 
Hondarribia, o club con máis vitorias na Liga Eusko Label 
Despois da súa grande fin de semana en Zarautz, GO fit Hondarribia sitúase na primeira posición xeral en vitorias na Liga Eusko Label. No total, a Ama Guadalupekoa conta con 81 triunfos, superando as 80 vitorias de Bermeo Urdaibai Avia, que lideraba a clasificación dende a tempada 2010.

Voltar