ACT TV 2014
ESPECIAL
17 Feb 2014
Orio Babyauto vence e racha co récord da proba
Os amarelos impuxéronse a Hondarribia Orsa e Urdaibai Umpro Avia, mentres que Hibaika Jamones Ancín fixo o propio na categoría feminina
Este pasado sábado Orio convertiuse no centro de todas as miradas do mundo do remo. Até alá desprazáronse 79 embarcacións para disputar a vixésima edición do Descenso do Oria – III Ikurrina Babyauto.
No que se refire ás tripulacións da Liga San Miguel, a embarcación local, Orio Babyauto logrou imporse con un rexistro de 19’30’’11 que lle serviu tamén para rachar co récord da proba. “Demostramos o traballo destes meses e fixemos unha regata seria. Gañar sempre é un aliciente, pero se o fas na casa aínda motiva moito máis”, explicou ao remate da regata Igor Makazaga, adestrador de Orio Babyauto.
Tras dos oriotarras, Hondarribia Orsa ficou a pouco menos de sete segundos, despois dos aguiluchos. Urdaibai Umpro Avia, pola súa banda, ocupou o terceiro lugar a case medio minuto dos vencedores. O cuarto e quinto posto foi parar ás mans de San Juan Iberdrola e San Pedro Ecolmare respectivamente, entre os cales mediou unha renda mínima de catro segundos. Portugalete Eulen impúxose na loita pechada por levar o sexto posto frente a Zierbena Bahías de Bizkaia, Kaiku Ambilamp e Astillero. Finalmente, dous segundos privaron os ‘galipo’ desta posición, en canto os vigentes campións da 'Coroa la Caixa' e os da ‘San José XIV’ ficaron a tres e catro segundos dos ‘jarrilleros’.
Dentro das embarcacións da última edición da Liga Euskotren, a vitoria foi parar a mans de Hibaika Jamones Ancín, cuxo rexistro de 14’30’’66 tamén valeu para mellorar o récord da proba. Tras desta, a dous segundos entraron as ‘batelerak’ de San Juan Iberdrola e a 17 segundos Orio Babyauto. Pola súa banda, Zumaia Salegi Jatexea ficou 21 segundos por detrás e tivo que se conformar co cuarto posto.
Daquela, e malia á grande dificultade que implica preparar unha proba con 79 embarcacións, a organización foi perfecta e tanto deportistas como público disfrutaron dunha grande festa do remo. “Rachamos todos os rexistros de participación e saiu todo fenomenal”, explicó Ibon Huegun, presidente do Orio AE.