ACT TV 2018

ENTREVISTAS

18 Abr 2018

"Orio nunca gañou unha liga"

"Orio nunca gañou unha liga"

Jon Salsamendi, técnico de Orio Babyauto, analiza para nós o pasado, presente e futuro da ‘San Nikolas’ na Eusko Label Liga

O aroma a competición comeza a se sentir no mundo do remo, xa que a Eusko Label Liga 2018 está a pouco más de dous meses para arriar estachas en augas de Bilbao. Así que como todos os anos, iremos coñecendo cada semana o punto de vista dos adestradores da máxima competición. Encetamos hoxe con Jon Salsamendi, adestrador de Orio Babyauto, quen o ano pasado, tras conseguir catro vitorias na Eusko Label Liga, non se agacha e sinala que pelexará por estar metido de cheo na loita pola Coroa CaixaBank. “É un club que arrastra ese peso da historia, tendo demostrado ser o mellor en moitos momentos, porén na liga nunca o demostrou”, explica o técnico oriotarra. 

Com respecto ao resto de rivais sinala que os ‘cocos’ da competición serán Bermeo e Hondarribia e acrecenta que “os dous seguen a ter ese nivel de seguir sendo cabezas de serie”, aínda que tamén agarda sorpresas por parte de Zierbena que vén mellorando”. Sobre os galegos sinala que “se fala de que Cabo de Cruz deu pasos adiante este ano tamén e queren xogar as súas bazas para tentaren entrar nesa quenda de honra”. A respecto da súa preparación para afrontar esta nova tempada asegura que “as sensacións no traballo que estamos a facer son boas, pero pensamos que as dificultades que imos atopar para conseguir resultados serán maiores”.

Voltar