Novas 2021

COMPETICION

17 Xul 2021

Orio Orialki e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado afianzan o liderado

Orio Orialki e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado afianzan o liderado Orio Orialki e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado afianzan o liderado

A vitoria en augas de Orio permite a ambas embarcacións seguiren no máis alto da táboa
 


 

Orio Orialki consegue a vitoria na casa e suma a Orioko XXI. Emakumezkoen Estropada - ORIO Kanpina IX. Bandera. Con esta vitoria, as aguiluchas sitúanse líderes en solitario da Liga EuskoTren con 17 puntos, frente os 15 de Arraun Lagunak, que no día de hoxe remataba na 3ª posición a tres segundos da gañadora. Por detrás, Donostiarra Lacturale suma 10 tantos e Hondarribia Bertako Igogailuak 8, grazas á segunda posición de hoxe, pola que suma tres puntos. 

Pola súa banda, Miren Garmendia (Hondarribia) pasa a liderar a clasificación Caixabank de mellor Patroa logo de sumar 2 puntos na xornada de hoxe, mentres que Nadeth Agirre (Orio) obtivo apenas un punto. Ambas patroas colócanse con 10 puntos no máis alto da táboa frente os 5 de Andrea Astudillo (Arraun Lagunak) e de Nerea Pérez (Donostiarra), que na bandeira de Orio sumou os 3 puntos. 

Na Liga EuskoLabel Santurtzi Transportes y Gruas Aguado afianza o seu liderado na liga gañando a súa segunda bandeira da tempada. A Sotera suma os 12 puntos e acada 54 tantos, frente os 46 de Go Fit Hondarribia, que na xornada de Orio rematou 3ª. Pola súa banda, Orio Orialki foi 2ª na casa e situase na 5ª praza da Liga EuskoLabel. A quenda de honra de mañá completaraa Urdaibai Avia tras ser 4ª na xornada deste sábado. 

Arkaitz Díaz (Donostiarra) domina a xeral Caixabank de mellor patrón con 8 puntos e colidera a xeral con Gorka Aranberri (Santurtzi). Óscar Hermo (Cabo) pecha o podio con 7 tantos.

Voltar