Novas 2013
COMPETICION
08 Ago 2013
PASAI SAN PEDRO, CITA DUNHA DAS REGATAS MÁIS ESPECTACULARES DA TEMPADA
As embarcacións masculinas deberán completar cinco ceavogas e seis longos, na boca do Porto de Pasaia
O vindeiro domingo 11 de agosto vaise disputar en augas do Porto de Pasaia unha das bandeiras máis espectaculares de toda a Liga San Miguel: III. BANDEIRA AUTORIDADE PORTUARIA DE PASAIA. Precisamente na sede desta entidade celebrouse este mediodía a presentación da regata, a ela asistiron o presidente do club organizador da regata, San Pedro, Sr. Josetxo Aramburu, o Director da Autoridade Portuaria de Pasaia, Sr. Gregorio Irigoien, e o responsable de comunicación da Autoridade Portuaria de Pasaia, Sr. Gorka Reizabal. Previa á competición masculina, disputarase regata feminina, EUSKOTREN II. BANDEIRA, 6ª proba puntuábel da tempada. A cita dará comezo ás 12 do mediodía.
O Porto de Pasaia é escenario especial, e obriga a mudar o formato da regata. As embarcacións remarán cara o centro do porto, e non cara a saída ao mar. Por isto, a competición feminina constará de tres longos e dúas ceavogas, e a masculina, de seis longos e cinco ceavogas. Á vista está que os patróns e a súa habilidade na virada rápido resultarán fundamentais, para limar alguns segundos que poden resultar decisivos ao remate. En contadas ocasións pode verse as embarcacións ter que realizar cinco ceavogas, e é de esperar que a xente se achegue en procesión a disfrutar da regata de San Pedro.
Os violetas da casa están en dura competición cos veciños de Pasai Donibane. Están empatados a puntos, e na súa liga particular, clasificarse por diante do eterno rival é moi importante. A Libia ten difícil entrar na quenda de honra, os catro mellores da liga, pero sabe que co apoio da súa cátedra pode reducir a diferenza que teñen Hondarribia-Orsa e Tirán-Pereira.