Novas 2014

ESPECIAL

28 Ago 2014

Portugalete acolle esta semana a Coroa "la Caixa"

Portugalete acolle esta semana a Coroa "la Caixa"

O máximo galardón de Liga San Miguel estará esta semana en Portugalete, onde o día 21 de setembro será entregado ao campión da competición
 

Acabada de chegar das praias de Noja, a Coroa "la Caixa" está xa á espera na súa nova ubicación, na oficina de "la Caixa" situada no número 4 da Avenida Carlos VII, en Portugalete, onde estará exposta para quen quixera vela durante toda esta semana. Despois, emprenderá de novo a súa viaxe para se trasladar a Bermeo na semana que vén.

A Corona "la Caixa" leva xa un longo percorrido esta tempada. Despois de comezar a sua viaxe en Orio, pasou por Algorta, Zarautz, Noja e agora Portugalete, onde estará exposta esta semana. Cómpre sinalar que é precisamente en Portugalete onde o vindeiro día 21 de setembro se entregará este trofeo ao campión da Liga San Miguel deste ano, despois da disputa da derradeira xornada.

Voltar