Novas 2015

ESPECIAL

26 Nov 2015

PRENSA E ACT DESAFÍANSE EN PASAIA

PRENSA E ACT DESAFÍANSE EN PASAIA

O domingo celebrarase ás 10.30 horas un desafío de traíñas con directivos dos clubs da ACT e cos xornalistas que seguen a competición

Este domingo a partir das 10.30 horas, o porto de Pasaiaserá testemuña dunha regata moi especial. E é que a Prensa e a ACT lanzáronse un desafío no que ambas traíñas tratarán de pelexar pola bandeira que os acredite como a máis rápida. A embarcación da prensa estará composta por aqueles xornalistas que habitualmente cubren a Liga San Miguel e a Liga Euskotren. Nomes como os d eBorja OlazabalAlfonso HerránXabi LarrañagaIñigo GoñiJokin Victoria de Lecea o Aitor Manterola son alguns dos que tratarán de conquistar o ansiado triunfo. 

 

Do outro lado, no da embarcación da ACT, directivos dos clubs socios así como traballadores da Asociaciónpelexarán pola vitoria. Entre esta selección atópanse, entre outros, Juan Mari EtxabeEugenio FernándezMikel RubioJokin AmilibiaXabi Arraras o Andoni Moriano. Cómpre sinalar que o campo de regatas estará situado dentro do Porto de Pasaia, no que as balizas de saída estarán situadas ao pé do novo club de San Juan. As dúas tripulacións terán que completar un percorrido de catro longos con tres ceavogas, no que xornalistas e directivos poranse, por uns minutos, na pel deses remeiros que durante o verán observan tan atentamente.

Voltar