ACT TV 2015

ENTREVISTAS

04 Mar 2015

"Queremos facernos un equipo forte"

"Queremos facernos un equipo forte"

Ángel Gómez, preparador de Portugalete Grupo Eulen, debuta esta tempada á frente dunha ‘Jarrillera’ que chega con moitas novidades

Pouco a pouco o verán vaise achegando e isto quere dicir que cada vez falta menos para o bandeirazo de saída da Liga San Miguel 2015. É por isto que hoxe encetamos o repaso semanal da actualidade de cada un dos 12 clubs que fan parte da competición. E quen abrirá esta sección é, precisamente, un dos debutantes á frente dun club da máxima competición: Ángel Gómez, adestrador de Portugalete Grupo Eulen. O cántabro, que nos últimos anos estivo en equipos como Pedreña ou Astillero competindo na Liga San Miguel, asumiu este novo reto do club de Portugalete coa ilusión de levar a ‘Jarrillerra’ “o máis alto posíbel”.

Daquela, Gómez explica que “comezamos un proxecto novo con moitas caras novas. Foi unha mudanza de ciclo a todos os niveis, até o punto de que só se manteñen catro remeiros do ano pasado”. Neste sentido, apunta que tivo incorporacións como as de Andrei Banica, Eduardo López, Benito San Martín, Iker Pascual, Fran Montes ou a del mesmo. No que se refire ás sensacións do equipo explica que “o traballo é complicado para que todos asimilen o que estamos buscando, pero pouco  a pouco estase conseguindo”. Á hora de se marcar metas admite que “agora mesmo o que queremos é facernos un equipo forte, adestrar duro e chegar o máis alto posíbel”. 

Voltar