ACT TV 2015

ENTREVISTAS

16 Abr 2015

Samertolameu, de volta á máxima categoría do remo

Samertolameu, de volta á máxima categoría do remo

O equipo galego emprende un novo ciclo no que volverán á Liga San Miguel con un equipo renovado

Despois da exitosa campaña do ano pasado tanto na Liga Galega (LGT) como no playoff de ascenso, José Ferral volta con Samertolameu Rodman Group á Liga San Miguel para loitar entre as 12 mellores embarcacións do momento pola Coroa “la Caixa”. Non é a primeira vez que este equipo galego loitará na máxima categoría, xa que remaron no ano 2009 na Liga San Miguel, acabando a tempada en penúltima posición. O seu adestrador, José Ferral, admite que o equipo mudou moito desde a derradeira tempada, xa que sufriu moitas baixas e altas. Unha das baixas de máis renome sería a de Luis Pazos, a quen Ferral describe como un remeiro “moi importante e a súa baixa notarase moito”. Por outra banda, o equipo reforzouse con moitos remeiros de Bueu, que ascendeu esta tempada á Liga Galega.

Malia as múltiples mudanzas que sufriu o plantel, o preparador galego amósase satisfeito con seu plantel e coas probas realizadas até a data, e ve o equipo “moi motivado” para que comece a tempada. Ao igual que o resto dos adestradores da categoría, Ferral agarda unha Liga San Miguel moi igualada na que, á marxe dos catro equipos que loitaron polas bandeiras no ano pasado, “calquera equipo pode pasar do sexto posto a se ver nos postos baixos por un mal día”. Por isto, o obxectivo marcado polo adestrador para o equipo galego é o de eludir os postos de playoff, algo que califica como “moi difícil”, e que “todo o que veña de aí en diante será benvido”.

Voltar