Novas

COMPETICION

08 Ago 2021

Santurtzi Transportes y Grúas Aguado afianza o seu liderado coa XXXI Bandeira Concello de Boiro

Santurtzi Transportes y Grúas Aguado afianza o seu liderado coa XXXI Bandeira Concello de Boiro

A Sotera aumenta a diferenza para levar a Coroa CaixaBank en nove puntos sobre Go Fit Hondarribia

Santurtzi Transportes y Grúas Aguado sumou a cuarta bandeira ao seu palmarés tras conquistar esta xornada de domingo a XXXI Bandeira Concello de Boiro. O segundo posto de onte máis a vitoria de hoxe permite á Sotera reforzar o liderado da Liga EuskoLabel con respecto a Go Fit Hondarribia, que hoxe foi segunda a 2 segundos dos biscaínos. Así, a Sotera ten 129 puntos frente os 120 da Ama Guadalupekoa.


A terceira praza da Liga EuskoLabel está nun apretadísima, concretamente en dous puntos tras o terceiro posto de Orio Orialki na xornada de hoxe, a cuarta praza de Donostiarra Amenabar e o quinto posto de Zierbenas Bahías de Bizkaia. Con estes resultados, os galipos e Donostiarra empatan a 105 na terceira plaza mentres que os aguiluchos son quintos con 103 tantos. Bermeo Urdaibai Avia fica en terra de ninguén na sexta posición con 94 puntos. Na sétima praza, Ondarroa Cikautxo gaña vantaxe sobre Cabo da Cruz, con 68 e 65 puntos respectivamente. Na parte baixa da clasificación, pechan CR Ares (55 puntos), Lekittarra Elecnor (46 pts), SD Tiran Pereira (39 pts) e Zarautz Gesalaga Okelan (29 pts).


En canto á clasificación de Mellor Patrón CaixaBank, fica así:  
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 18 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 12 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 9 puntos

 

Voltar