Novas 2015

ESPECIAL

04 Ago 2015

Toño Martínez marca o ritmo na #PlaylistDeAgosto

Toño Martínez marca o ritmo na #PlaylistDeAgosto

O remeiro de Cabo preparou unha listaxe moi completa

Chegamos ao ecuador da competición e esta fin de semana a Liga San Miguel emprenderá a parte decisiva da tempada coa segunda incursión en augas galegas. Precisamente un galego, Toño Martínez, remeiro de Cabo, é o encargado de coller o testemuño deixado por Joseba Mancebon na #PlaylistDeXullo, e de conformar a #PlaylistDeAgosto. Un conxunto de cancións que xunta moitos estilos diferentes para conseguir unha listaxe do máis completa.
 
Dentro desta recompilación musical do mozo remeiro galego podemos atopar a que parece estar chamada a ser a canción do verán, La Gozadera, nacida da unión de Marc Anthony cos cubanos de Gente de Zona. Por outra parte, temos tamén na listaxe Heroes, de Mans Zelmerlöw, canción gañadora do último Festival de Eurovisión, e Demons, de Imagine Dragons.
 
Deixando de lado estas primeiras cancións, a listaxe está dividida en dous grandes bloques. O primeiro, estaría composto por cantantes ou grupos do rock estatal, onde podemos atopar Chiquilla de Seguridad Social, Que Alegría más Tonta dos madrileños Pereza, Colgado de la Vecina e Un Tipo Diferente de Melendi, Que se Joda el Viento de Marea, Rock and Roll Stars e Feo Fuerte y Formal de Loquillo, So Payaso de Extremoduro, e Como Camarón e máis Pastillas para Dormir de Estopa.
 
No segundo grande bloque está composto por grupos galegos, onde atopamos o mítico grupo Heredeiros da Crus, con cancións como Corasón de Carballo, Quero Josar e De Jalisia O Extranxeiro. Precisamente, tamén está na listaxe o Javi Maneiro, de Heredeiros da Crus, con Sueños Humedos, Eclipsándolo Todo e Pies Descalzos, Besos Salados, xurdidos da súa carreira en solitario. Para finalizar a playlist de Toño Martínez, temos o grupo galego de Ska Punk Dakidarria, coa súa canción Terra.

 

#PlaylistDeAgosto - Toño Martínez

Chiquilla -Seguridad Social

Qué Alegría Más Tonta - Pereza

Colgado de la Vecina - Melendi

Un Tipo Diferente - Melendi

Que se Joda el VIento - Marea

Heroes - Mans Zelmerlöw

Rock and Roll Stars - Loquillo

Feo, Fuerte y Formal - Loquillo

Pies Descalzos, Besos Salado - Javi Maneiro

Eclipsándolo Todo - Javi Maneiro

Sueños Humedos - Javi Maneiro, Jabón Blue

Demons - Imagine Dragons

Corasón de Carballo - Heredeiros da Crus

Quero Josar - Heredeiros da Crus

De Jalisia O Estranxeiro - Heredeiros da Crus

La Gozadere - Marc Anthony ft. Gente de Zona

So Payaso - Extremoduro

Pastillas para Dormir - Estopa

Como Camarón - Estopa

Terra - Dakidarria

Voltar