ACT TV 2014
ESPECIAL
17 Mar 2014
Urdaibai Umpro Avia consegue a vitoria en Pasaia
A 'Bou Bizkaia' imponse no VI Test Contra o reloxo de San Pedro por diante de Hondarribia Orsa e Portugalete Eulen
Este pasado sábado San Pedro volveu reunir numerosas embarcacións para realizar unha das probas que se está a convertir nun dos clásicos invernais. Até este Test-Contra o reloxo desprazáronse un total de 32 traíñas, tanto na categoría masculina, feminina como na de veteranos. A vitoria na primeira destas foi parar a mans de Urdaibai Umpro Avia cun tempo de 20'01''27, mentres que Hondarribia Orsa levou a segunda praza a pouco máis de nove segundos dos ‘txo’. Completou os postos de honra Portugalete Eulen a 14 segundos do gañador, demostrando os 'jarrilleros' que este ano aspiran ás cotas máis altas da Liga San Miguel.
A 'Libia' de San Pedro Ecolmare tamén tivo motivos para saír satisfeita polo traballo realizado, conseguindo o cuarto lugar con 16 segundos de desvantaxe frente o gañador. Orio Babyauto, pola súa banda, ficou 29 segundos por detrás e tivo que se conformar coa quinta posición. Zierbena Bahías de Bizkaia e San Juan Ibedrola completaron os primeiros postos, cedendo 42 e 45 segundos respectivamente.
Por outro banda, na categoría feminina, Hibaika Jamones Ancín volveu repetir vitoria nun tempo de 11'40''60, mentres que San Juan Iberdrola e Orio Babyauto deixaron 15 e 23 segundos. Así e todo, a chuvia quixo respetar a proba deixando unha tarde apacíbel e permitindo deste xeito que o numeroso público que se achegou até San Pedro puidera desfrutar dun grande espectáculo.