Novas 2022
COMPETICION
30 Xul 2022
Vitoria para Amenabar Donostiarra no novo campo de Getxo
A vitoria na Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia achega a Torrekua II a un punto de Matrix Hondarribia na xeral
Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 e Matrix Hondarribia mantiveron unha dura pugna pola Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia até os últimos metros nos que foi mellor a Torrekua II con 1 segundo de renda. Os pupilos de Igor Makazaga suman así a súa 3ª bandeira da tempada e colócanse con 98 puntos na Liga EuskoLabel frente os 99 da Ama Gudalupekoa, que mantén o liderado máis unha xornada. Por detrás dos dous máis fortes en augas de Getxo foron Urdaibai, cedendo 16 segundos, e Orio e Kaiku, que chegaban 26 segundos máis tarde.
Orio Orialki aumenta a vantaxe na xeral respecto a Donostia Arraun Lagunak
Despois da semana de paro da Liga EuskoTren volvían á escena as catro embarcacións para desputaren a Getxoko Estropaden XIV Ikurriña - JA Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia. Igual que en anteriores regatas, Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak mantiveron unha igualdade moi parella durante a maior parte da quenda até que as patroneadas por Nadeth Agirre impoñían unha marcha máis para cruzaren a meta con 2 segundos de renda sobre as donostiarras. Por detrás, Tolosaldea superou a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 chegando á meta perdendo 13 e 14 segundos, respectivamente.
Daquela, coa vitoria da San Nikolas, Orio aumenta a súa diferenza con Donostia Arraun Lagunak acadando os 26 puntos frente os 23 das da capital vasca. Na loita polo terceiro posto, a Torrekua mantén o terceiro posto da xeral con 12 puntos frente os 9 de Tolosaldea.