Novas

COMPETICION

13 Ago 2021

Xornada dobre de espectáculo de remo en Zarautz

Xornada dobre de espectáculo de remo en Zarautz Xornada dobre de espectáculo de remo en Zarautz

A Zarauzko XLIV. e XIII.  Ikurriña serán as dúas xornadas desta fin de semana da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren, as dúas últimas xornadas da tempada da competición feminina

Esta fin de semana, as mellores traiñeiras do cantábrico e do atlántico estarán vogando en Zarautz á procura de conseguiren a Zarauzko XLIV. e XIII. Ikurriña. A dobre xornada da localidade gipuscoana é un dos encontros máis agardados tanto do calendario da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren. No caso da competición masculina, serán a décimo terceira e décimo cuarta xornadas da tempada, mentres no caso da competición feminina, serán a décimo primeira e a décimo segunda xornadas, as derradeiras da tempada.

O sábado a emoción comezará ás 17:40 coa primeira xornada da Zarauzko XIII. Ikurriña, e xóganse uns puntos importantes de cara a clasificación xeral. Donostia Arraun Lagunak, Orio Orialki, Donostiarra Lacturale e Hondarribia Bertako Igogailuak realizarán un percorrido dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga.

Ao remate da regata feminina, será a vez das traiñeiras da Liga Eusko Label que competirán sobre unha distancia de tres millas náuticas (5.556 metros) divididas en catro longos con tres ceavogas. As tres quendas masculinas estarán organizadas en base á clasificación xeral da loita pola Coroa CaixaBank, a excepción de CR Ares, que non viaxará por mor do protocolo COVID-19. Daquela, na primeira quenda vogarán a traiñeira local Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira e Lekittarra Elecnor. Na segunda quenda remarán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Urdaibai Bermeo Avia e Orio Orialki, mentres que na quenda de honra teremos a  Donostiarra Amenabar, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.

Na xornada do domingo, desputarase a segunda xornada da Zarauzko XLIV. e XIII. Ikurriñak, sendo a décimo cuarta xornada da Liga Eusko Label Liga e última da Liga Euskotren. Logo da regata feminina, saberase que traiñeira se coroará como campioa da Liga Euskotren, se Donostia Arraun Lagunak remata coa hexemonía de Orio Orialki, ou se pola súa banda as aguiluchas levan por terceira vez consecutiva o trofeo Euskotren. Posteriormente, dará inicio a segunda xornada da Liga Eusko Label, e as traiñeiras dividiranse en tres quendas en base á clasificación final da regata do sábado.

No referido aos resultados, é un campo de regatas que en categoría feminina ténselle dado ben a Orio Orialki, xa que conseguiron as vitorias nas dúas últimas tempadas cun tempo de 22´01”06 e 22´23”04, lonxe do récord do campo de regatas que ostenta Getaria-Tolosa cun tempo de 21´15”22 dende a tempada 2011. Na categoría masculina, GO fit Hondarribia levou a Ikurriña nas últimas tres edicións con tempos de 40´30”86 o ano pasado, 40´12”78 no 2019 e 40´02”92 na tempada 2018, sen se achegaren moito ao récord do campo, dende a tempada 2008, estabelecido por Naturhouse Castro.
 

Voltar