ACT TV 2023

ESPECIAL

12 Ago 2023

Zierbena leva a vitoria en augas de Moaña

Zierbena leva a vitoria en augas de Moaña Zierbena leva a vitoria en augas de Moaña

Os biscaínos suman a súa segunda vitoria da tempada na IX Bandeira Illa Do Samertolameu - Concello de Moaña.

Zierbena Bahías de Bizkaia levou a vitoria na regata de Moaña tras unha grande loita con Hondarribia. Os biscaínos, que chegaron canda os guipuscoanos á terceira ceavoga, impuxéronse no último longo, marcando un tempo de 19:39, mentres que a Ama Guadalupekoa finalmente parou o cronómetro en 19:45. Bermeo Urdaibai, líder da Liga Eusko Label, foi terceira a 13 segundos de Zierbena e Donostiarra foi cuarta a 17 segundos.
 
Con estes resultados, Hondarribia reduce un punto a distancia con respecto á líder Bou Bizkaia que suma 133 puntos. A Ama Guadalupekoa ten 128 puntos e séguenlle os galipos con 124 puntos. 

Orio Orialki gana por primera vez en Moaña
Orio Orialki foi a traiñeira máis rápida na primeira edición da Bandeira Aqualia de traíñas en augas de Moaña cun tempo de 10:49. As patroneadas por Nadeth Agirre adiantáronse dende o primeiro momento, e mantivéronse na cabeza da regata até a meta. Donostia Arraun Lagunak foi segunda (+2) tras pelexaren coa Donostiarra (+6) pola segunda praza até o último momento, pero as de Lugañene lograron adiantar á Bantxa nos metros finais e só ceden un punto na clasificación xeral da Liga Euskotren.
 
Así, Donostia Arraun Lagunak con 73 puntos mantense no máis alto da clasificación, mentres que Orio é segunda con 68 puntos. Nortindal Donostiarra é terceira con 57 puntos e Tolosaldea segue perto con 55 puntos. 

Voltar