ACT TV

ENTREVISTAS

21 Ago 2021

Zierbena suma a súa terceira Bandeira ao gañar a XXXVII Ondarroako Bandera-Cikautxo SN

Zierbena suma a súa terceira Bandeira ao gañar a XXXVII Ondarroako Bandera-Cikautxo SN

Go Fit Hondarribia acurta dous puntos na xeral a Santurtzi Transportes y Grúas Aguado

Zierbena Bahías de Bizkaia conquistou a súa terceira bandeira da tempada logo de dominar de principio a fin a quenda de honra da XXXVII Ondarroako Bandera-Cikautxo SN e rematar por diante de Donostiarra Amenabar e Go Fit Hondarribia. Con esta vitoria, os Galipos fanse por segunda tempada consecutiva coa Bandeira de Ondarroa, e manteñen a cuarta praza da xeral con 134 puntos e os donostiarras pechan o podium da clasificación da Coroa CaixaBank con 136 tantos. Pola súa banda, a Ama Guadalupekoa conseguiu sumar 10 puntos, mentres que Santurtzi Transportes y Grúas Aguado rematou a xornada de hoxe en quinta posición engadindo ao seu taboleiro 8 tantos e acadando os 159 puntos, frente os 153 de Hondarribia.

Orio Orialki que hoxe foi cuarta, vogará mañá na segunda quenda malia entraren por diante da Sotera. Orio vogará mañá canda Bermeo Urdaibai Avia, CR Cabo da Cruz e Ondarroa Cikautxo e repetirán na primera quenda Lekittarra Elecnor, Tiran Pereira, Ares e Zarautz Gesalaga Okelan.

En canto á clasificación do Mellor Patrón CaixaBank, esta fica así:  
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 19 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 16 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 11 puntos

Voltar