Novas 2012

ESPECIAL

26 Out 2012

NOTA DE PRENSA: INFORME ANTIDOPAXE ACT 2012

NOTA DE PRENSA: INFORME ANTIDOPAXE ACT 2012

Como vén ocorrendo dende a súa creación, a ACT desenvolveu na tempada 2012 un plano antidopaxe no seo da súa competición, sometendo aos clubs e aos seus deportistas a diversos controis antidopaxe para detectar calquera posíbel uso ou consumo de substancias e métodos proibidos no deporte. Estas actuacións terían sido levadas a cabo tanto na Liga San Miguel, para a categoría masculina, como na Liga Eusko Tren, na categoría feminina.

Pois ben, ao longo da tempada 2012 realizáronse un total de 103 controis antidopaxe,  distribuídos en 55 controis en competición e 48 controis fóra de competición.

 

Das mostras de dopaxe realizadas en competición, 8 corresponden a mostras recollidas a deportistas que participaban na competición feminina da ACT, a Liga Eusko Tren.

 

Nos controis antidopaxe levados a cabo realizáronse 22 controis antidopaxe específicos para a detección de EPOrh, 12 controis antidopaxe realizados sobre mostras fisiolóxicas de sangue para a detección de CERA e, como novidade esta tempada,  2 controis antidopaxe realizados sobre mostras fisiolóxicas de sangue para a detección de Hemoglobinas Sintéticas.

 

Coas técnicas analíticas actuais de que dispón o laboratorio de control de dopaxe non se acreditou a utilización de ningunha substancia ou método proibido de entre os incluídos na listaxe de referenza.

 

Igualmente, ademais dos controis de dopaxe, foron obtidas ao longo da tempada 102 mostras sanguíneas de remeiros pertencentes a todos os clubs da asociación, analizando certos parámetros hematolóxicos tendentes a coñecer posíbeis  alteracións producidas pola utilización de dopantes. Ningún dato sanguíneo das analíticas efectuadas amosan, nin individual nin colectivamente, parámetros ou valores obxectivos que sexan indicadores dunha eventual utilización de algunha das variedades de EPOrh ou outras substancias ou métodos proibidos na listaxe de dopaxe de referenza que melloren os niveis sanguíneos e a transferenza de osíxeno.

 

Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidad, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar en vindeiros exercicios, continuar a realizar un programa de control da dopaxe no seo das súas competicións.

Voltar