Novas 2012

ESPECIAL

01 Dec 2012

LIGA SAN MIGUEL PARA OUTROS 4 ANOS MAIS

LIGA SAN MIGUEL PARA OUTROS 4 ANOS MAIS

O sábado 1 de decembro celebrouse en Zamudio a 6ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2012.

Nesta cita asemblearia salientaron os seguintes puntos:

 

            · Lectura e aprobación da acta anterior (Bermeo): Aprobación da acta da anterior Asemblea celebrada en Bermeo no pasado mes de setembro.

 

            · Presentación pola Xunta Directiva aos socios dos aspectos ligados á xestión asociativa, incluídos os económicos, durante o cuarto trimestre do exercicio 2012.

 

            · Apróbase o novo contrato de Patrocinio con Cervexas San Miguel para os vindeiros 4 anos. Ao mesmo tempo, cómpre salientar que a Asociación actualmente atópase na procura dun patrocinador principal que substitúa a baixa de Mapfre, que despois de 2 tempadas na ACT deixará de patrocinar a competición.

           

            · Apróbase a continuidade da Liga Feminina da ACT independentemente de que haxa ou non haxa patrocinador para a citada competición.

 

· Con respeito ás propostas de modificación de normativas, este punto queda pendente para el año 2013.

Voltar