Novas 2012
COMPETICION
04 Dec 2012
SANXENXO ACOLLERÁ A 3ª XORNADA DA LIGA SAN MIGUEL 2013
Sanxenxo será parada imprescindíbel no remo e na Liga San Miguel 2013. O vindeiro 6 de xullo disputarase por primeira vez “A BANDEIRA SANXENXO”, frente a emblemática praia do Silgar do municipio pontevedrés. Entre a punta do Vicaño e o grande porto deportivo afeccionados e espectadores poderán degustar a excelencia do noso deporte. Será a tercera regata puntuábel da competición, primeira das dúas que se celebrarán en terras galegas a vindeira tempada.
O verán que vén, a Asociación de Clubs de Traíñas dará un paso histórico: a esperada primeira edición da “BANDEIRA SANXENXO” abraiará ao afeccionado coa sempre apaixoante regata en liña, e, como merece un espectáculo tan significativo, a proba será retransmitida ao vivo por televisión (TVG e ETB). A regata estará dotada con 22.500€ en premios.
A celebración da “BANDEIRA SANXENXO” supón para a cidade que a acolle a consolidación do seu compromiso con un dos deportes máis prezados e respectados localmente, e no que atoparon un evento óptimo ao que vincular a súa imaxe. Sanxenxo, como referente indiscutíbel do deporte e o turismo galego, abre os seus brazos con un sentimento de achegamento ao resto da cornixa cántabro-atlántica coa vila e o espectáculo deportivo como protagonistas. O apoio que Sanxenxo va dar ao remo confirma que estamos diante de unha das futuras regatas clásicas do calendario e ante o garante do máis alto nivel competitivo da proba.
As tripulacións cántabras de Astillero, Castro Urdiales e Pedreña, as biscaínas de Kaiku Ambilamp, Portugalete Eulen e Urdaibai Umpro Avia, as guipuscoanas de Hondarribia Orsa, Orio Babyauto, San Juan Iberdrola, San Pedro Ecolmare e Zumaia Altuna y Uria, e a galega de Tirán Pereira competirán por conseguir unha das bandeiras máis importantes da tempada. Desta volta, “A BANDEIRA SANXENXO” contará coa colaboración do Club de Remo Amegrove.