Novas 2013

COMPETICION

31 Ago 2013

PLAY OFF ACT 2013

PLAY OFF ACT 2013

CABO DA CRUZ,  LEKITTARRA BM, SAMERTOLAMEU – RODMAN GROUP y ZIERBENA BAHÍAS DE BIZKAIA

Conforme ao previsto no Capítulo V da Normativa de Competición da ACT -e en especial ao previsto no art. 37.1 do citado corpo regulamentario- poden tomar parte no play-off da ACT até dous representantes de cada unha das asociacións ARC e LGT sempre que concluísen a tempada entre os tres primeiros clasificados nas súas respectivas ligas regulares. Inicialmente tomarían parte no play off o 1º e 2º clasificado da liga regular de cada asociación ARC e LGT e, unicamente, se algún de tales clubs renunciase a tomar parte no play off o 3º clasificado da asociación onde se produce a renuncia podería acudir.

 

Os clubs provenientes da ARC e LGT enfrontaranse ao club da ACT que a falta de dúas xornadas para o final da liga regular figure na 11º praza, Zumaia, dado que, como saberán, o 12º clasificado, Castreña, descende de forma automática. As datas previstas para o play off son os días 14 e 15 de setembro de 2013 nas regatas da Liga San Miguel que serán celebradas, respectivamente, en Bermeo e Portugalete (XXXIX Bandeira Corte Inglés).

 

Onte finalizou o prazo concedido para a inscrición dos clubs interesados en participar no Play Off da Liga San Miguel e estes foron os 4 clubs que se inscribiron:

 

· CABO DA CRUZ

· LEKITTARRA BM

· SAMERTOLAMEU – RODMAN GROUP

· ZIERBENA BAHÍAS DE BIZKAIA

Voltar