Novas 2013
COMPETICION
12 Set 2013
EL CORTE INGLÉS PON O PUNTO FINAL AO DÉCIMO ANIVERSARIO DA ACT
Kaiku Ambilamp pode pór o broche de ouro á súa tempada levando para a casa a Coroa “La Caixa” en propiedade
A Liga San Miguel comezou nun marco incomparábel, o Mar Mediterráneo e na belida cidade de Barcelona, e finaliza nunha das prazas máis distinguidas do mundo do remo: a ría bilbaína, Portugalete, e a Bandeira El Corte Inglés, tradicional entre as tradicionais. No mediodía do domingo celebrarase a XXXIX. edición da Bandeira El Corte Inglés. 39 edicións, e moitos anos apoiando o remo, compromiso inequívoco dunha das compañías comerciais más coñecidas da cornixa cantábrica.
Este mediodía celebrouse a presentación da regata XLIII GP - XXXIX BANDEIRA EL CORTE INGLÉS, no Centro Comercial de El Corte Inglés de Bilbao, e presidiron a mesa o responsábel de Relacións Externas da firma comercial, o Sr. Carmelo Lezana, o alcalde en funciones de Portugalete, o Sr. Ángel Anero, o presidente de Kaiku Ambilamp e colaborador na organización da regata Sr. José Manuel Monje e o xerente da ACT, o Sr. Iñaki Mikeo.
A xornada comezará ás 12 do mediodía, coa segunda regata do Play-Off de ascenso/descenso. Participan Zumaia Altuna y Uría, Zierbena-Bahías de Bizkaia, Lekittarra BM, Samertolameu Meira e Cabo da Cruz. As cinco traíñas vogarán na disciplina de contra o reloxo, partindo todas do mesma carreiro e con un intervalo dun minuto. Lembremos que conseguirán o ascenso á Liga San Miguel as dúas embarcacións que maior suma de puntos consigan nas regatas de Bermeo (sábado) e Portugalete. Se houbera un empate a puntos, desempataríase sumando os tempos dos dous barcos que empataran, logrando o billete de ascenso aquel que mellor tempo teña realizado trala suma das dúas regatas.
No que respecta á Liga San Miguel, día sen dúbida especial para a Bizkaitarra. Se todo acontece con normalidade en Bermeo, Kaiku Ambilamp remará na súa ría coa Coroa La Caixa a bo recaudo. Imposíbel atopar mellor escenario que o calor da propia afección, para celebrar un fito histórico. Ser o primeiro club da historia en conquistar a Coroa La Caixa en propiedade.
Finalmente, informámoslles que a ACT celebrará unha Asemblea Xeral Ordinaria no vindeiro sábado en Bermeo (Biblioteca Municipal Joxe Miguel Barandiaran) a partir das 11:30 da mañá. Os tres puntos da orde do día serán os seguintes:
· Ratificación da acta da última sesión da Asemblea Xeral.
· Presentación pola Xunta Directiva aos socios os aspectos ligados coa xestión asociativa, incluídos os económicos.
· Rogos e preguntas.