Novas 2013

COMPETICION

15 Set 2013

KAIKU AMBILAMP, DONO DA COROA LA CAIXA

KAIKU AMBILAMP, DONO DA COROA LA CAIXA

Os de Sestao vencen na Bandeira El Corte Inglés e lévanse a Coroa “La Caixa” en propiedade por primeira vez na historia.

A Liga San Miguel botou o peche con Kaiku Ambilamp como gran dominador da competición de traíñas. A embarcación de Sestao tiña moi encamiñada a vitoria na Liga San Miguel e con ela a Corona “La Caixa”, pero quedaba pendente o derradeiro reto: vencer a Liga aireando o último trapo da tempada, a Bandeira El Corte Inglés na ría de Portugalete, a escasos metros do seu feudo, Sestao.

 

Así o fixo a biscaítarra e confirmou o seu dominio durante a tempada vencendo nunha das máis prestixiosas regatas da Liga San Miguel. Foi a novena bandeira conquistada polos homes patroneados por Asier Zurinaga, a metade das regatas da competición organizada pola Asociación de Clubs de Traíñas.

 

É a terceira Liga San Miguel consecutiva que gañan os biscaíños e grazas a esa fazaña levaranse á sede do Club a Coroa “La Caixa” en propiedade. É o primeiro club de remo na historia que consegue tal proeza xa que os requisitos para conquistar a Coroa “La Caixa” en propiedade son realmente complicados: gañar a Liga San Miguel durante tres edicións consecutivas ou cinco alternas. 

 

Zierbena e Cabo da Cruz novos membros da ACT

 

Previo ao éxito deportivo de Kaiku Ambilamp, celebrouse a segunda regata do play-off de ascenso/descenso. Nunha loita moi pechada que se resolveu por décimas de segundo, a biscaíña Zierbena Bahías de Bizkaia e a galega Cabo da Cruz conseguiron as dúas prazas para participar o ano que ven na Liga San Miguel. Cabe destacar que tras oito anos consecutivos na ACT Zumaia descenderá de categoría.

Voltar