Novas 2015

ASOCIACION

28 Mar 2015

A ACT enfía cara o verán

A ACT enfía cara o verán

Os socios aproban o orzamento, así como o calendario da Liga San Miguel 2015

A Asociación de Clubs de Traíñas reuniuse hoxe na Asemblea celebrada no Parador Nacional Carlos V, situado na localidade guipuscoana de Hondarribia, onde se abordaron diferentes temas como a aprobación do orzamento ou o calendario da Liga San Miguel 2015. No que se refire ao orzamento, a cifra ascende a un millón de euros, dos cales 200.000 euros destinaranse a premios,e foi aprobado polos socios.

Por outro lado, tamén se aprobou o calendario da Liga San Miguel 2015 cuxo comezo está reservado para o 28 de xuño e do que proximamente se facilitará información. A competición levará as embarcacións a competir ao longo de tres meses nun total de 19 xornadas e o punto final será de novo a XLI Bandeira de El Corte Inglés o 20 de setembro onde o gañador recibirá a Coroa “la Caixa”. Ademais, repetirase a dobre visita a augas galegas con encontros en Sanxenxo e Moaña o 4 e 5 de xullo, así como Meira e Cabo o 8 e 9 de agosto. O retorno da Liga San Miguel a San Sebastián coa IV Bandeira Eusko Label o 12 de jullo e o 29 de agosto a Bilbao coa VI Bandeira de Bilbao, ou a clásica dobre xornada da XXXVIII. Zarauzko Estropadak no 15 e 16 de agosto. Ademais, a Liga Euskotren volve contar cos seus oito encontros, tendo o seu playoff o 11 e 12 de xullo en Pasaia e San Sebastián, e o seu punto final en Zarautz. Cómpre sinalar, que a única embarcación que ten asegurada a súa praza é a vixente campioa, San Juan Iberdrola. O resto de tripulacións terá que pelexar por se facer con un dos tres billetes que se porán en xogo.

Unha vez finalizada a Asemblea, o vixente campión da Liga San Miguel, Hondarribia Arraun Elkartea, convidou a todos os socios da ACT a xantar na localidade bidasotarra. 

Voltar