Novas 2016

ASOCIACION

22 Ago 2016

CaixaBank, con rumbo fixo

CaixaBank, con rumbo fixo

A entidade catalá fai o seu cuarto aniversario navegando canda a máxima competición de traiñeiras tanto masculina como feminina

CaixaBank convertiuse nunha das pezas fundamentais tanto da Liga San Miguel como da Liga Euskotren. Un apoio que vai para alén dun simple patrocinio. CaixaBank é unha das vigas mestras que outorga estabilidade, unión e prestixio a unha competición que, ano tras ano, trata de ir a máis en todos os ámbitos.
Este pasado domingo, Castro Urdiales foi testemuña dunha apaixonante nova edición da Bandeira CaixaBank na que NT2 Hondarribia volveu saír vitorioso -tres veces de forma consecutiva neste encontro-, o que lle deu un punto de renda frente Urdaibai Avia na loita pola Coroa CaixaBank. Tamén houbo emoción no Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón, onde Endika Pérez e Unai Oliden, patróns de San Juan Iberdrola, recuperaron tras varias xornadas sen el, o maillote branco que os acredita como líderes desta clasificación.

Voltar