Novas 2017
ESPECIAL
21 Set 2017
Alternativas na quenda de honra
Os catro primeiros da Eusko Label Liga valoran a tempada que acaba de rematar
Nunha competición na que participan os doce mellores clubs de remo, situarse entre os catro primeiros debería ser, en si, considerado un éxito. Pero hai equipos para os que iso non é suficiente e se exprimen durante todo o ano para dar a súa mellor versión en cada regata.
Kaiku Producha remata esta tempada en cuarta posición. Con 153 puntos, o equipo de Sestao mantivo unha grande regularidade que os levou a clasificárense inmediatamente por detrás dos tres galos da competición.
Para Orio Babyauto este foi o ano do seu renacemento. Había tempo que os ‘aguiluchos’ non daban un nivel similar, e é por isto que para alén de se colocar na terceira posición na loita pola Coroa CaixaBank, con 181 puntos, convírtese na alternativa a Hondarribia e Urdaibai Avia na loita polas bandeiras.
Hondarribia mantivo vivo o soño de se erguer como campión da Eusko Label Liga até a derradeira xornada. Nunha competición na que cada ano o nivel aumenta até cotas nunca vistas, a ‘Ama Guadalupekoa’ clasificouse en segunda posición con 196 puntos.
O que se pode dicir de Urdaibai Avia? Agarraron o liderado na primeira xornada da tempada, en Bilbao, e non o arriaron até proclamárense por segunda vez consecutiva campións da Eusko Label Liga. A ‘Bou Bizkaia’ remata a tempada no máis alto da clasificación, con 201 puntos, o que lles vale para levaren a sexta Coroa CaixaBank a Bermeo.