Novas 2017

ESPECIAL

18 Out 2017

A AEPSAD e a ACT navegan na mesma dirección

A AEPSAD e a ACT navegan na mesma dirección

O acordo permitiu a instauración do pasaporte biolóxico na ACT
 

Esta tarde, o Aquarium de San Sebastián foi protagonista da presentación do acordo encetado esta tempada pola Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) coa ACT. Un acordo que contemplou un plano antidopaxe no seo da Eusko Label Liga, así como cara os aspirantes ao playoff de ascenso, sometendo os clubs e os seus deportistas a diversos controis antidopaxe para detectar calquera posíbel consumo de substancias e métodos prohibidos no deporte.

Uns controis, cómpre sinalar, que se viñeron realizando como é habitual tanto fóra como dentro de competición, con mostras de ouriños e sangue. A principal novidade foi a inclusión na ACT da plataforma ADAMS (AntiDoping Administration Management System), tal e como fan as ligas profesionais. Este sistema consiste nun recurso web creado pola Axencia Mundial Antidopaxe (WADA-AMA) onde os deportistas informan das súas localizacións, tramítanse e rexistran as autorizacións para uso terapéutico. Ademais, planifícanse os controis a realizar, posibilitando a coordinación entre diferentes institucións nacionais e internacionais. Outro dos puntos deste sistema é a posibilidade de incluír os resultados analíticos das mostras, permitindo a elaboración de perfís, tanto hematolóxicos como hormonais, coñecidos como pasaportes.

Máis du 150 controis

No acto estiveron presentes o Director da AEPSAD, José Luis Terreros; Jesús Muñoz-Guerra, Director do Departamento de Control da Dopaxe da AEPSAD; Borja Rodrigo, Presidente da ACT; e Juan José Badiola, responsábel do Órgao Antidopaxe da ACT. Un acto no que se informou sobre os máis de 150 controis aos que foron sometidos os deportistas na presente campaña. Daquela, en 11 das xornadas desputadas na Eusko Label Liga recolléronse mostras, ademais das máis de 100 misións realizadas fóra de competición. Á marxe destes máis de 150 controis, que foron realizados de forma conxuntan entre a AEPSAD e a ACT, tanto a propia AEPSAD como a Axencia Vasca Antidopaxe (AVA), de forma paralela e seguindo os seus propios programas, tamén someteron a controis aos nosos deportistas.

En parte das mostras referidas, dependendo do momento da tempada, procedeuse a análises específicas para a detección de Axentes Estimulantes da Eritropoyesis (ESA´s), así como de Hormona de Crecemento, seguindo as directrices marcadas polo Documento Técnico para a Análise Específica por Deportes da Axencia Mundial Antidopaxe-TD2014SSA. 

Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar en vindeiros exercicios, continuar realizando un programa de control de dopaxe no seo das súas competicións. 

Voltar