Novas 2017

ESPECIAL

17 Dec 2017

A prensa volta á senda da vitoria

A prensa volta á senda da vitoria

A embarcación dos xornalistas logra imporse na regata frente á ACT logrando unha renda final de 35 segundos.

Bonita mañá da que gozaron os xornalistas que habitualmente seguen a Eusko Label Liga e os socios da ACT. Unha xornada na que se puxeron na pel dos protagonistas do verán e experimentaron durante uns minutos o que sinten os nosos remeiros e remeiras. Este foi o cuarto ano consecutivo desta regata, e Pasaia foi testemuña dun novo desafío entre Prensa e ACT. Unha xornada que tivo o seu centro neurálxico nas instalacións de San Juan Sumelec, quen voltou ser anfitrión da xornada, onde as dúas traiñeiras embarcaron tras pasaren o rigoroso control por parte dos árbitros.

Despois do aquecemento, e tras realizarse o sorteo de carreiros, ás 11.00 horas procedeuse a dar a saída do IV Desafío Prensa vs ACT. Desde as primeiras padas ningunha das dúas embarcacións puido destacarse claramente sobre a outra, aínda que a embarcación da ACT tentou nos primeiros compases mostrar a proa, non foi até medate da regata cando a Prensa conseguiu abrirse un oco. A embarcación da ACT chegaba lastrada e con baixas importantes con respeito ao último encontro, nesta ocasión, non foi quen de facer frente a unha embarcación de Prensa que foi moi compacta durante todo o percurso.  

A xornada concluiu con un xantar no propio club de San Juan Sumelec, quen colaborou con toda a estrutura da regata e cedeu o seu material e instalacións, no que o presidente da ACT, Borja Rodrigo, aproveitou para desexar a todos os presentes un Bo Nadal e bo comezo de 2018.

Tiempos 

1- Prensa: 1'46" | 4'05" | 6'09"|  7'30"22
2- ACT: 1'32" | 3'31" | 5'38" | 7'30" | 8'05"46 (+35"24)

Voltar