Novas 2021

COMPETICION

26 Ago 2021

Ares acollerá ás mellores traiñeiras do cantábrico e atlántico

Ares acollerá ás mellores traiñeiras do cantábrico e atlántico

O sábado desputarase a XIII Bandeira Concello de Ares, décimo sétima xornada da Liga Eusko Label

No remate de agosto, a Liga Eusko Label desputará as súas dúas últimas regatas en augas de Galiza. O sábado é a vez da XIII Bandeira Concello de Ares, que será a décimo sétima xornada da tempada. 

A XIII Bandeira Concello de Ares presentouse esta mañá na casa do Concello da localidade, na que participaron o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, Germán Sánchez Presidente do CR Ares, e Noelia Montero, concelleira de deportes da vila. 

A xornada comezará o sábado 28 de agosto ás 18:13 horas coas catro traiñeiras da primeira quenda, que serán as catro últimas clasificadas da Coroa CaixaBank, e na que vogarán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, Lekittarra Elecnor e CR de Ares. A continuación será a quenda das catro seguintes traiñeiras como son CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai AVIA e Orio Orialki, mentres que pecharán a xornada as catro mellores traiñeiras da Liga Eusko Label, Zierbena Bahías de Bizkaia, Donostiarra Amenabar, GO fit Hondarribia e Santurtzi T. y G. Aguado.

Voltar