Novas 2022

COMPETICION

11 Ago 2022

Castro-Urdiales vibrará coa Liga Eusko Label e coa Liga Euskotren pola Bandeira CaixaBank

Castro-Urdiales vibrará coa Liga Eusko Label e coa Liga Euskotren pola Bandeira CaixaBank

Por segunda tempada consecutiva, o mellor remo de banco fixo voltará a augas cántabras, onde Castro-Urdiales acollerá a décimo cuarta xornada da Liga Eusko Label e a décimo-segunda da Liga Euskotren 

As competicións da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren voltan a Cantabria da man de CaixaBank e do Concello de Castro-Urdiales. Por segunda tempada consecutiva, a localidade cántabra acollerá este domingo a décimo cuarta xornada da competición masculina e a décimo segunda xornada da competición feminina, coa desputa da X e VII Bandeira CaixaBank presentadas no día de hoxe. 
 
Na presentación das bandeiras realizada esta mañá no Concello da localidade cántabra, participaron Jesús Maillo, Director de Institucións de CaixaBank en Cantabria, Susana Herrán Alcaldesa de Castro-Urdiales e Borja Rodrigo Presidente da ACT.
 
Segundo Maillo, "máis un ano quixemos traer a Castro Urdiales un encontro sinalado no noso calendario: a Bandeira CaixaBank. Considerado por moitos expertos do remo como un dos mellores campos de regatas do Cantábrico, queremos que os castreños poidan seguir a gozaren das dúas máximas competicións do momento. Repetimos a experiencia destes anos nun territorio como o de Cantabria ao que trouxemos a Bandeira CaixaBank até en seis ocasións", indica o Director de Institucións de CaixaBank en Cantabria. Pola súa banda, a Alcaldesa sinalou a importancia de traer as dúas mellores competicións de remo á localidade.
 
Pola súa parte, o Presidente da ACT amosouse moi satisfeito por retornar ao primeiro campo de regatas da ACT. "Atopámonos ante unha das datas marcadas de xeito especial no noso calendario, motivado dunha banda polo feito de decorrer a bandeira CaixaBank, e por outra, polo feito de recalar en augas cántabras. Ademais, no ano en que nos atopamos celebrando que a ACT fai 20 tempadas, voltar a este campo tamén ten un factor especial e emotivo, por ser xusto aquí, en Castro Urdiales, onde se desputou a primeira regata da ACT", indica Rodrigo.
 
Daquela, a xornada do domingo comezará ás 11:40 horas, coa desputa da VII Bandeira CaixaBank, na que participarán as catro traiñeiras da Liga Euskotren: Orio Orialki, Donostia Arraun Lagunak, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 e Tolosaldea Arraun Kluba.
 
A seguir, comezará a regata masculina (12:13 horas), coa desputa da X Bandeira CaixaBank. Nela, as traiñeiras dividiranse en tres quendas segundo o resultado da xornada anterior en Ondarroa.
 
FAN ZONE
Durante a xornada do domingo, a FAN ZONE estará ubicada no Paseo Ocharan Mazas a carón do campo de regatas. Nela, antes, durante e despois da regata, os afeccionados poderán vivir unha experiencia única. Por unha banda, haberá un posto de CaixaBank onde se expoñen os dous trofeos de ambas as dúas competicións, a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren. Os afeccionados poderán tirar fotografías con ambos trofeos e gañar diferentes premios. Tamén terán a oportunidade de seguiren a regata ao vivo a través da pantalla xigante, ou degustaren diferentes produtos de Eusko Label, así como a cervexa oficial da competición, Keler.

Voltar