Novas 2022

ASOCIACION

17 Set 2022

Apróbase a nova normativa de competición da Liga Euskotren

Apróbase a nova normativa de competición da Liga Euskotren

Os oito participantes da competición feminina coñecen a nova normativa que rexirá a competición

A Asemblea celebrada esta mañá polos socios da ACT en Bermeo, aprobou a nova normativa de competición que rexirá a Liga Euskotren a partir da vindeira tempada. Así, a normativa de competición da nova Liga Euskotren con oito participantes vai collendo forma.   
 
En primeiro lugar, elimínase a limitación que teñen as xuvenís de participaren en máis dunha xornada na mesma semana. Así, os adestradores dos equipos poderán contar con todo o seu plantel en todas as regatas sen limitacións como até agora. Iso si, mantense a limitación de seis remeiras xuvenís por plantel. 
 
Outro dos puntos máis interesantes será o referido aos ascensos e descensos da categoría. Así, tal e como sucede na Liga Eusko Label, a oitava clasificada perderá a categoría directamente, mentres que a sexta e a sétima clasificadas terán que defender a súa participación na Liga Euskotren frente os primeiros clasificados das Ligas ETE e da Liga Feminina Galega.
 
Tamén se aprobou para ambas competicións, que fica expresamente prohibida a aplicación no casco das traiñeiras de calquera tipo de produtos ou materiais tecnolóxicos, tales como películas de material sintético, tecidos, imprimacións ou calquera outro material que non estea expresamente permitido neste código de regatas. O incumprimiento do previsto neste apartado concreto acarretará a sanción de exclusión ou descalificación do infractor na regata na que utilice tales materiais. Poderase seguir a utilizar os produtos de limpeza e abrillantado tradicionalmente empregados para o coidado e mantemento das traiñeiras.
 
Por último, informouse os socios sobre aspectos ligados á xestión e a administración da Asociación.

Voltar