Novas 2022
COMPETICION
19 Out 2022
O mello patrón e a mellor patroa recibirán os seus trofeos
Os patróns de Orio Orialki, Ander Etxegoien e Nadeth Agirre recibirán este venres os premios de Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa EiTB Saria
Como adoita ser habitual, no final da tempada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren realízase a entrega dos trofeos para os mellores patróns das dúas competicións. É por isto que este venres, o patrón e a patroa de Orio Orialki recibirán os Trofeos que acreditan o Mellor Patrón Caixabank da Liga Eusko Label e a Mellor Patroa EiTB Saria da Liga Euskotren.
Ander Etxegoien, de Orio Orialki, recibirá por segunda vez o galardón despois de ter liderado esta clasificación durante toda a tempada. Coa nova puntuación, o patrón getariarra estabelece o novo récord de puntuación na clasificación con 141 puntos, e unha vantaxe de 26 puntos sobre o seu veciño Unax Eizagirre, sendo o mellor patrón da clasificación.
Por outra banda, a estrea de patrocinador na categoría feminina trouxo consigo máis igualdade. Tamén, co novo sistema de puntuación, puntuaron todas as patroas, polo que tamén houbo récord de puntuación. Neste caso, a Mellor Patroa EiTB Saria foi Nadeth Agirre, a patroa de Orio Orialki. Con 43 puntos, a patroa guipuscoana logrou unha vantaxe de 9 puntos sobre a segunda clasificada, Andrea Astudillo, patroa de Donostia Arraun Lagunak.
A cerimonia terá lugar o venres pola tarde no Aquarium de Donostia, onde os representantes de CaixaBank e EiTB entregarán a Etxegoien e a Agirre os trofeos e máis os cheques que os acreditarán como os mellores da competición.