Novas 2023

COMPETICION

21 Set 2023

Últimos integrantes da vindeira tempada

Últimos integrantes da vindeira tempada

Hibaika, San Pedro e Bueu completarán a listaxe dos participantes na Liga Euskotren e Liga Eusko Label de 2024
 

Coa desputa dos playoffs desta fin de semana, coñecemos os últimos integrantes da vindeira tempada tanto na Liga Eusko Label como na Liga Euskotren. Hibaika continua na competición feminina, mentres que San Pedro retorna á competición masculina despois de 4 tempadas na ARC, e Bueu estrearase na máxima competición do remo de banco fixo.

Hibaika Jamones Ancín foi a vencedora do playoff na Liga Euskotren, onde había unha praza en xogo. As de Errenteria impuxéronse nas dúas xornadas a Zumaia e a Kaiku, polo que continuarán na máxima competición. Así, as mesmas oito participantes deste verán repetirán na vindeira edición: Donostia Arraun Lagunak, Orio Orialki, Nortindal Donostiarra UK, Tolosaldea AK, Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín, CR Cabo da Cruz e SD Tirán Pereira.

San Pedro tamén se impuxo nas dúas xornadas de playoffs de ascenso á Liga Eusko Label, onde había dúas prazas en xogo. Sanpedrotarra volta para a competición que despediu na tempada 2019. Foron catro tempadas a competiren na ARC e no seu segundo playoff consecutivo déronse imposto sobre os rivais e conseguiron unha das dúas prazas.

A segunda praza estivo máis igualada. CM Bueu e Lapurdi empataron a seis puntos na clasificación dos playoffs, mais o cómputo do tempo das dúas xornadas foi favorábel para os galegos por escasos dous segundos. Por isto, os do Morrazo estrearanse na máxima competición de traiñeiras, xa que polo de agora nunca competiran na Liga Eusko Label. Precisaron tres participacións nos playoffs de ascenso para facérense con unha das dúas prazas que había en xogo, pero finalmente conseguen o obxectivo.

Polo tanto, na tempada 2024 da Liga Eusko Label competirán Bermeo Urdaibai, Zierbena Bahías de Bizkaia, Hondarribia, Amenabar Donostiarra UK, Orio Orialki, CR Cabo da Cruz, Getaria, Lekittarra Elecnor, Kaiku Berez Galanta, Ondarroa Cikautxo, Sanpedrotarra e CM Bueu-Simei

Voltar