Novas 2024

ASOCIACION

21 Xu˜ 2024

O mundo do remo dalle a benvida á tempada 2024

O mundo do remo dalle a benvida á tempada 2024 O mundo do remo dalle a benvida á tempada 2024

Despois do acto, só queda esperar ao sábado que vén para gozar da elite das traiñeiras.

O Aquarium de Donostia acolleu a gala de presentación da Liga Eusko Label e Liga Euskotren.Autoridades, patrocinadores, clubs e medios de comunicación, entre outros, encontráronse na capital gipuzkoana para lle dar a benvida á nova tempada que está a piques de comezar.

Aitziber Garmendia voltou conducir a gala e nesta ocasión estivo acompañada do saxofonista Dani Herrero. Os presentes gozaron dunha grande velada. 

Os vixentes campións e campioas foron os primeiros protagonistas da tarde. As remeiras de Donostia Arraun Lagunak recibiron a réplica do trofeo Euskotren da man do Director Xeral da entidade, Javier Seoane. Ángel Garabitea, Director Comercial de Euskadi de CaixaBank, pola súa banda, foi o encargado de entregar a reprodución da Coroa CaixaBank aos remeiros de Bermeo Urdaibai.

Na gala deste ano quixo poñerse en valor o labor dos chóferes dos clubs, que protagonizaron unha curta documental. Os encargados de levaren a traiñeira cada xornada contan con mil vivencias e aínda máis quilómetros.

Bittor Oroz, como representante de Eusko Label, desexoulle sorte a todos os clubs para a presente campaña.

A Asociación de Clubs de Traiñeiras fixo entrega do Remo Honorifico ao Aquarium de Donostia, José Ignacio Espel, Presidente do Aquarium recibiu o galardón da man de Borja Rodrigo, Presidente da ACT. A Asociación quixo agradecer deste xeito o apoio que sempre lle ofreceu o museo oceanográfico.

Rodrigo tomou a palabra para dar a benvida á nova tempada e pechar o acto. O Presidente da ACT agradeceu o seu apoio a todos os patrocinadores e e desexou sorte para todos os deportistas.

Os asistentes puideron gozar dun lunch con varios aperitivos feitos con produtos Eusko Label emaridados coa cervexa oficial da competición, Keler.
 

Voltar