Novas 2024
ASOCIACION
22 Xu˜ 2024
Última asemblea antes do comezo da competición
Os socios da ACT reuníronse na sede de Oiartzun a falta dunha semana para o inicio da competición.
O venres decorreu o acto de presentación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren organizado pola ACT. E no sábado, os socios participaron nunha asemblea na sede da Asociación en Oiartzun.
A ACT abordou en primeiro lugar as cuestións de ámbito económico, repasando o primeiro semestre do 2024. Despois abordáronse os últimos temas a tratar de cara á nova tempada.
Novo responsábel de antidopaxe
Tras a petición do seu cese por parte do anterior responsábel, Jordan Santos-Concejero farase responsábel da área de Antidoping.