Novas 2024
COMPETICION
12 Set 2024
L Bandeira El Corte Inglés-Concello de Portugalete, broche de ouro para a tempada 2024
A vila de Portugalete porá o punto final á tempada 2024 este domingo coa desputa da última xornada da Liga Eusko Label e dos play-offs da Liga Eusko Label e Liga Euskotren.
O LIV Gran Premio - L Bandeira El Corte Inglés-Concello de Portugalete voltará clausurar a tempada este domingo. O municipio biscaíno será o escenario no que finalice a Liga Eusko Label e onde se desputarán as últimas xornadas dos play-offs tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren. Este mediodía presentouse a L Bandeira El Corte Inglés-Concello de Portugalete na casa consistorial da vila coa presenza de Borja Rodrigo, presidente da ACT, Mª José Blanco, Alcaldesa de Portugalete e Carmelo Lezana, Director de Comunicación e Relacións Institucionais do El Corte Inglés no País Vasco.
Rodrigo foi o primeiro a tomar a palabra e agradeceulle ao El Corte Inglés e ao Concello de Portugalete a súa colaboración. "Estamos diante dunha Bandeira histórica que conta coa súa edición número 50 esta tempada. Ademais, é moi importante e especial para a ACT porque pon o punto final e o broche a unha nova e grande tempada. Portugalete é o mellor escenario para organizar unha regata, pola súa contorna, e atractivo para os afeccionados", destacou o presidente da ACT.
Carmelo Lezana, Director de Comunicación e Relacións Institucionais do El Corte Inglés en Euskadi, salientou o valor histórico desta contorna: "Este é un ano especial para nós, xa que se fan 50 edicións da Bandeira El Corte Inglés-Concello de Portugalete. Trátase dunha data e unha celebración redonda para a que, sen dúbida, será un día de remo redondo".
Mª José Blanco, Alcaldesa de Portugalete agradeceu a aposta do El Corte Inglés e da ACT por desputar a última regata na súa vila. "Son xa 50 edicións da Bandeira El Corte Inglés – Concello de Portugalete, e creo que é unha regata tradicional e espectacular. Faise nun campo de regatas onde os afeccionados poden sentir de perto os remeiros, ao vérenos pasar tan perto dos peiraos de Portugalete e Getxo, e tamén por baixo do noso Patrimonio da Humanidade, a Ponte Colgante", sinalou a Alcaldesa de Portugalete.