Novas 2026

ASOCIACION

01 Xul 2026

Bilbao, primeira parada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren en Bizkaia

Bilbao, primeira parada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren en Bizkaia

A Bandeira de Bilbao, a proba contra o reloxo que atravesa o corazón da cidade, será a primeira parada das traiñeras en augas de Euskadi.

A capital biscaína volta a recibir este sábado (5 de xullo) a desputa da Bandeira de Bilbao-Bilboko Bandera.

O acto de presentación, realizada hoxe en Bilbao, contou coa participación de autoridades institucionais e representantes do remo, nun encontro que marca a volta das traiñeiras ao seu ambiente natural, despois do arranque madrileño.

O presidente da ACT, Borja Rodrigo, destacou a importancia da cidade, estreitamente ligada ao desenvolvemento da liga: "Encaramos esta tempada con enorme entusiasmo e con toda a vontade de que o remo viva un grande ano. Despois do arranque da competición en Madrid, é un auténtico orgullo vivir esta segunda xornada en Bilbao, unha cidade que aporta prestixio, visibilidade e un escenario incomparábel. Sendo desputada en formato contra o reloxo e atravesando o corazón da cidade, a singularidade desta regata fai da Bandeira de Bilbao unha proba moi especial para clubs, deportistas e seareiros".

Durante a presentación tamén interviu a concelleira de Mocidade e Deportes do Concello de Bilbao, Itxaso Erroteta, que puxo en valor "A tempada 2026 chega con forza a Bilbao, máis unha vez, como escenario protagonista dunha regata que combina tradición, espectáculo e competitividade ao máis alto nivel". Ambos apelan ao público a volcarse e participar da grande festa na que se convertiu a Bandeira de Bilbao.

O percurso urbano e o formato contra o reloxo ofrecerán un espectáculo único ao longo da ría, permitiendo á afección desfrutar do paso das traiñeiras en pleno ambiente urbano. Alén diso, os tempos desta regata determinarán a orde de saída e a composición das quendas na seguinte xornada, aumentando a súa relevancia no deportivo.

A tempada 2026 chega con forza a Bilbao, máis unha vez, reforzando o seu papel como palco dunha regata que combina tradición, espectáculo e competitividad ao máis alto nivel.
 

Voltar