Novas 2026

ASOCIACION

19 Set 2026

Coa tempada 2027 no horizonte

Coa tempada 2027 no horizonte

Despois da derradeira asemblea previa ao peche da competición, a ACT ponse a traballar na tempada 2027.

Esta mañá decorreu en Bermeo a derradeira asemblea antes de que remate a tempada. Os clubs repasaron diferentes aspectos ligados á xestión e á economía da Asociación durante os meses de competición.

Unha vez repasados estes asuntos, a Asociación de Clubs de Traiñeiras pon a ollada nas dúas últimas xornadas da Liga Eusko Label 2026 e os play-offs da Liga Euskotren e Liga Eusko Label. Tras esta fin de semana coñecerase quen completarán as competicións na procura da Coroa CaixaBank e do trofeo Euskotren na tempada 2027.
 

Voltar