Novas 2016
ESPECIAL
13 Set 2016
Herdeiros do playoff (I)
Portugalete Eulen defenderá a súa praza na Liga San Miguel e CR Ares tratará de se facer con un billete que lle permita remar na máxima competición
Este fin de semana, con motivo da desputa o sábado e máis o domingo das dúas últimas xornadas da Liga San Miguel, poranse en xogo dous billetes para estar a vindeira tempada na loita pola Coroa CaixaBank. Neste vídeo vamos coñecer a dous dos seus catro candidatos, concretamente Portugalete Eulen, undécimo clasificado da Liga San Miguel, e CR Ares, campión da Liga LGT A. Os ‘jarrilleros’ atópanse por segundo ano consecutivo no playoff por salvar a categoría, tras teren estado nunha apertada loita frente a Zumaia. Pola súa parte, CR Ares chega tras imporse na LGT A, téndose convertido na revelación da campaña galega, dobregando nas dúas últimas xornadas a Samertolameu, grande favorito na loita polo cetro galego.
Coñecemos a opinión de Joseba Mancebón, patrón de Portugalete Eulen, e de Agustín Fernández, preparador do CR Ares.