Novas 2016
ESPECIAL
12 Set 2016
A emoción das derradeiras padas!
A Liga San Miguel enfía este fin de semana as súas dúas derradeiras xornadas en Bermeo e Portugalete, onde se coroará ao novo campión
A Liga San Miguel está de volta e volve máis emocionante que nunca. Este fin de semana darase por concluída unha das batallas pola Coroa CaixaBank máis emocionantes que houbo até hoxe, na que Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia pugnarán até a derradeira pada por se facer con ela en propiedade. Dous encontros, a Bermeo Hiriko XXXIV. Bandeira, no sábado a partir das 18.00 horas, e a XLII Bandeira El Corte Inglés, domingo ás 12.00 horas en augas de Portugalete, que tamén terán como previa o playoff de ascenso no que Ares, Ondarroa, Kaiarriba e Portugalete Eulen loitarán por un dos billetes que se porán en xogo.