Novas 2020
ESPECIAL
23 Out 2020
O que di a prensa?
Os medios de comunicación achégannos a información do mercado de fichaxes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren
Os clubs seguen a perfilaren os planteis para afrontar a vindeira tempada na Liga Eusko Label e a Liga Euskotren. Un dos que volta á competición despois de dous anos de ausencia é Tirán Pereira, que terá que montar un grupo de remeiros de calidade para conseguiren asentarse de novo na máxima categoría do remo. Nese sentido, parece que o club galego está a facer os seus deberes. Nun artigo publicado na Voz de Galicia aparecen nomes como David Álvarez, Martín Novais (Kaiku Vusa), David Alfaya (Bermeo Urdaibai Avia), Alberto Hermo, Dylan Otero (CR Ares) e Ivan Fandiño, reforzos de altísima calidade que farían que Tirán Pereira dese un paso adiante nas súas prestacións.
E con respecto ao actual campión da Liga Eusko Label, DEIA inclúe entre as altas do equipo biscaíno a Gorka Aranberri (Orio AE), Jon Etxaniz (Orio AE), Gorka Arostegi (Bermeo Urdaibai Avia) e Javier Sayans (Cabo).