Novas 2021
ASOCIACION
27 Mar 2021
Un calendario con novidades
A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren xa coñecen os seus calendario de regatas
Na Asemblea realizada esta mañá en Bilbao, os socios da ACT validaron o calendario de regatas desta tempada. Así, o comezo da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren será o 3 de xullo, e alongarase durante todas as fins de semana até o 19 de setembro, exceptuando as dúas primeiras semanas de setembro. A pugna entre as 12 mellores traiñeiras masculinas do cantábrico e o atlántico contará con 20 regatas, das que tres fins de semanas serán en augas galegas, mentres que a competición feminina contará con 12 xornadas e rematará en Zarautz como vén sendo habitual.
A primeira fin de semana de xullo, os días 3 e 4, a ACT estará na Coruña, para desputar a V Bandeira Cidade da Coruña, o que significará o bandeirazo de saída para ambas competicións. As augas de Gipuzkoa e Bizkaia estrearanse coas desputas das Bandeiras Donostiarra e XXXVIII- V Bandeira Petronor na fin de semana do 10 e 11 de xullo.
Orio e Getxo tomarán o relevo na fin de semana do 17 e 18 de xullo coas desputas das clásicas bandeiras de Orioko XXXI- Estropadak e IX Orioko Kanpina Bandera e a Getxoko Estropaden XLIII-XIII Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVII. Omenaldia. A cuarta semana de competición será a vez de Cantabria, coa desputa da única regata nas súas augas. Castro acollerá a IX-VI Bandeira CaixaBank o 24 de xullo, e ao día seguinte será a quenda de Lekeitio, coa XXXVI El Correo Ikurriña-Kutxabank Sari Nagusia-Lekeitioko Udala e a X Bandeira Euskotren.
Tal e como aprobaron os clubs, o 31 de xullo, desputarase a regata contra o reloxo en augas da capital biscaína coa XII – III Bilboko Bandera. Agosto, pola súa banda, comezará coa desputa da Santurtziko XLII Ikurriña.
A expedición da ACT estará por primeira vez en Rianxo o día 7 de agosto para a desputa da I Bandeira Barbanza Arousa, mentres que no domingo se desputará a XXXI Bandeira Concello de Boiro. Zarautz tomará o relevo no ecuador de agosto coa súa habitual dobre xornada na que se coñecerá o equipo gañador da XLIV Zarauzko Estropadak – XIII Zarauzko Ikurriña así como as gañadoras da Liga Euskotren.
A Liga Eusko Label continuará co seu camiño, e Ondarroa e Hondarribia serán as sedes das seguintes xornadas. Concretamente a XXXVII Ondarroako Bandera Cikautxo SN e máis a Hondarribiko XXXIV Bandera Mapfre SN, que darán paso á última xornada en Galiza. Coa desputa da XIV Bandeira Concello de Ares e máis a XXXIX Bandeira Concello de Moaña; a seguir, a competición collerá o seu único descanso da tempada, para a desputa da Bandeira da Concha.
En setembro, a Liga Eusko Label rematará coa desputa das dúas últimas xornadas da tempada, como son a Bermeo Hiriko XXXIX Ikurriña AVIA SN e o peche en Portugalete, onde ademais se entregará a Coroa CaixaBank ao campión, así como os Play Offs, nos días 18 e 19 de setembro.