Novas 2023

COMPETICION

15 Set 2023

O fin da tempada

O fin da tempada O fin da tempada

Tras a desputa das xornadas de Bermeo e Portugalete concluirá máis unha tempada de remo de banco fixo

A última fin de semana da competición está a piques de comezar. Este sábado en Bermeo, e o domingo en Portugalete desputaranse as dúas últimas xornadas da tempada, á vez que se desputarán as dúas xornadas de play off tanto da competición masculina como da feminina. 

O sábado en Bermeo, a partir das 17:30 horas comezarán a competir os tres equipos do play off femenino á procura dunha praza na Liga Euskotren. Hibaika Jamones Ancín, Kaiku Nortegas ou Zumaia Salegi Jatetxea tratarán de conseguiren a primeira vitoria dos play offs. Das 18:04 horas en diante, comezarán os cinco equipos que buscan estar na Liga Eusko Label da vindeira tempada. Itsasoko Ama Santurtzi, CR Ares, Club Do Mar Bueu, San Pedro e Larrun Kosta serán as cinco traiñeiras que sairán a cada minuto á procura do mellor tempo da primeira xornada. 

Ás 18:47, será a vez das oito traiñeiras da Liga Eusko Label, onde estará en xogo a Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC Bermeo Tuna World Capital SN con Lekittarra Elecnor, CR Cabo da Cruz, Getaria e Orio Orialki a competiren na primeira quenda e Amenabar Donostiarra Ur Kirolak, Zierbena Bahías de Bizkaia, Hondarribia e Bermeo Urdaibai na segunda quenda. 

O domingo, a mañá comezará coa segunda xornada dos play offs tanto feminino como masculino. A partir das 11:25, e en orde inversa á clasificación da xornada anterior sairán as tres traiñeiras femininas á procura da última praza da Liga Euskotren. Ás 11:59 será a vez das cinco traiñeiras masculinas, mentras que ás 12:42 comezarán a vogar as traiñeiras á busca da derradeira bandeira da tempada: LIII GP - XLIX Bandeira El Corte Inglés-Concello de Portugalete.

FAN ZONE
Como vén sendo habitual na Liga Eusko Label, esta fin de semana tamén se contará coa Fan Zone. No caso de Bermeo, ubicarase no porto, xusto antes da zona técnica, mentres que en Portugalete colocarase na praza do solar. No sábado, as persoas afeccionadas poderán degustar os produtos Eusko Label ou a cervexa oficial da competición, ou ver a Coroa CaixaBank, mentras se visualiza a regata na pantalla xigante. No domingo, a fan zone tamén estará para despedir a tempada. Ademais dos seus servizos habituais, tamén Txurrut colocará un stand para gozar do seu vermouth. 

Voltar