Novas 2016

ESPECIAL

09 Xu˜ 2016

Sevilla-Betis...Málaga e Euskadi-Basque Country!

Sevilla-Betis...Málaga e Euskadi-Basque Country!

A ACT e a Regata Sevilla-Betis organizan o vindeiro sábado 18 de xuño apartir das 19.00 o GP Euskadi Basque Country na modalidade de 8+

O vindeiro 17 de xuño a capital andaluza vai ser escenario dunha chea de actividades onde o remo será o eixo fundamental. Xa que, ademais da desputa da IV Bandeira Basque Country o 19 de xuño a partir das 12.00 horas e que corresponde á xornada inaugural da Liga San Miguel de Traiñeiras, un día antes, ás 19.00 horas, desputarase un desafío de 8+ no Guadalquivir, coa chegada situada baixo a Pasarela de La Cartuja e a saída na Puente de la Barqueta. Mais non será un desafío calquera xa que neste participarán o Sevilla Fútbol Club, Málaga Club de Fútbol, Real Betis Balompié e un combinado de Euskadi – Basque Country que estará integrado por remeiros dos clubs que fan parten da loita pola Coroa CaixaBank.

Neste novidoso encontro porase en xogo o Gran Premio Euskadi Basque Country e desputarase baixo un formato de tres quendas clasificatorias que darán aceso ás Finais A e B. Os barcos, que pelexarán en quendas de dous en dous, terán que percorrer en cada quenda unha distancia de 1000 metros e nas que todas as embarcacións se verán as caras. Ao gañador de cada quenda outorgaránselle tres puntos, mentres que o perdedor recibirá un. Deste xeito, as dúas embarcacións con maior puntuación pelexarán polo Gran Premio Euskadi Basque Country, mentres que na Final B a batalla será por se facer co terceiro posto.

Así, esta regata innovadora e que tamén se engloba dentro das vodas de ouro da Regata Sevilla-Betis que se desputará o vindeiro 12 de novembro, servirá como aperitivo da IV Bandeira Euskadi Basque Country a desputarse o domingo a partir das 12.00 horas e que abrirá a batalla pola Coroa CaixaBank

Voltar