Novas 2016

ESPECIAL

11 Xu˜ 2016

A Liga San Miguel vístese de Gala

A Liga San Miguel vístese de Gala

A nova tempada presentouse no Palacio Euskalduna nun ambiente de aniversario xa que San Miguel e a ACT fan 10 anos de unión

Máis de 700 convidados achegáronse esta tarde ao Bilbao para seren testemuñas da Gala que dá comezo a unha nova edición da Liga San Miguel e da Liga Euskotren. Un encontro que se tinxiu de aniversario xa que Mahou – San Miguel fai 10 anos a navegar ao pé da ACT e a dar nome á competición. Anjel Alkain foi o encargado de orquestrar o acto no que se premiaron os méritos deportivos da pasada campaña. Pero antes disto, o grupo de pop-rock guipuscoano Lauroba, interpretou tres cancións, entre as cales unha versión pop-rock do Himno ás Traiñeiras.

Dos premios que se repartiron na Gala, dous dirixíronse á localidade guipuscoana de Hondarribia. Os da ‘Ama Guadalupekoa’ recibiron o galardón á traiñeira máis rápida, tras marcaren unha velocidade punta na VI Bandeira de Bilbao de 4’81 metros por segundo. Un recoñecemento que lles entregou Oihane Agirregoitia, Concelleira de Mocidade e Deporte do Concello de Bilbao. E os verdes tamén recibiron o de mellor adestrador, que foi para Mikel Orbañanos, escollido mediante votación entre os adestradores da Liga San Miguel. A este último, o mítico porteiro do Athletic Club, Jose Ángel Iribar, foi o encargado de lle entregar o premio. O galardón ao mérito deportivo foi para Astillero, recoñecemento ao labor que realizou o club cántabro nos seus 50 anos de historia. Un galardón entregado por Sergio Paredes, director da Sevilla-Betis, unha proba que este ano tamén fai as súas vodas de ouro. Da súa banda, Cabo recibiu dous galardóns, o primeiro, entregado por Cristina Uriarte, Conselleira de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno Vasco, que premia á mellor canteira, sendo un ano máis o club que máis remeiros canteiráns presentou nas listaxes de inscripción (322 deportistas). E o segundo, o que premia a mellor afección, con dedicación especial a todos eses afeccionados de Boiro que se achegan ás regatas cos seus tambores ao son dun peculiar ritmo e que neste caso foi entregado por Mariana Garbisu, Product Manager de Mahou - San Miguel. Como mellores patróns da tempada pasada, Endika Pérez e Jon Ormazabal de San Juan Iberdrola, recolleron o premio das mans de Rubén Riaño, director de institucións de Pais Vasco e Cantabria . O galardón á mellor organización de regata foi dirixido ao Real Club Mediterráneo pola III Bandeira Euskadi Basque Country de Málaga e Juan Fanjul, director xerente de Molabe S.A., foi a encargada de o entregar. Este último premio, cómpre sinalar, vén baixo o voto dos propios clubs. Por último, o premio honorífico dirixiuse a Patxi Hidalgo, que tras ser un dos compoñentes do Comité Técnico desde o inicio da ACT, esta tempada non exercerá ese labor que levou a cabo durante os últimos 13 anos. Este recoñecemento foi entregado polo que até o hoxe foi o seu compañeiro no Comité Técnico, Eugenio Fernández. E o premio especial, a título póstumo, foi para Josetxo Fernández Vaqueriza, que faleceu recentemente.

Ademais, a Gala serviu para lle dar inicio oficial a unha nova tempada da Liga San Miguel e da Liga Euskotren. Este ano, os discursos da noite realizáronos Ana Oregi, Conselleira de Medio Ambiente e Política Territorial do Gobierno Vasco; Kepa Badiola, Director Territorial de País Vasco e Cantabria; Mariana Garbisu, Product Manager de Mahou San Miguel e que fixo un guiño a ese décimo aniversario de unión que fai a empresa de cervexa coa ACT; e concluiu Pedro Andueza, presidente da ACT.

O colofón final púxoo o humorista Danny Boy-Rivera, que se encargou de pór un sorriso na boca a todos os presentes. Concluída a Gala, os convidados gozaron dun aperitivo final.

Voltar