Novas 2016
ESPECIAL
15 Xu˜ 2016
As traiñeiras vogarán nun campo de regatas olímpico
Noé Guzmán, remeiro do Real Círculo de Labradores, fálanos do campo de regatas do río Guadalquivir
As embarcacións da Liga San Miguel terán posibilidade de exhibírense nun dos mellores campos de regatas do mundo, nada máis e nada menos que o río Guadalquivir. Na modalidade de banco móbil, é unha zona de regatas bastante coñecida, pero para as traiñeiras é un campo sen moitas referencias.
Para esclarecer os segredos que garda este espectacular campo de regatas que afrontará a IV Bandeira Euskadi Basque Country, toda unha estrela do remo como Noe Guzmán, comparte connosco a súa dilatada experiencia no entorno no que adestra día a día.