Novas 2017
ESPECIAL
24 Mai 2017
"Un paso máis cada ano"
J.A. Cambados 'Truco' amósase precavido no comezo dunha nova tempada da Eusko Label Liga
José Ángel Cambados ‘Truco’ afronta o seu terceiro ano ao mando do club de Moaña e analiza para ACT TV a pretempada de Tirán Pereira. Tras ofrecer un auténtico espectáculo aos espectadores en cada regata polo liderato da segunda quenda, este ano voltará tentar dar o mesmo nível nunha competición como a Eusko Label Liga, na que a esixencia aumenta cada tempada.
Con 8 baixas a respecto do plantel do ano pasado, da que practicamente todos poderían ser considerados titulares, ‘Truco’ tivo que refacer unha grande parte do plantel para seguir na dinámica que el quere, que se pode resumir en “dar cada ano un paso máis”. O adestrador galego non quere vender a pel do oso antes de o cazar e é por iso que “eludir o descenso” é o primeiro obxectivo que queren cumprir nesta tempada que levará os doce clubs a loitaren pola Coroa CaixaBank.