Novas 2022

COMPETICION

18 Xu˜ 2022

A ACT arría a estacha da nova tempada

A ACT arría a estacha da nova tempada A ACT arría a estacha da nova tempada

A Liga Eusko Label acada as vinte tempadas
 

O Palacio de Congresos Kursaal de Donostia acolleu esta tarde a presentación das novas tempadas da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. Canda clubs, institucións e patrocinadores, a Asociación de Clubs de Traiñeiras arría a estacha para a súa vixésima tempada.

O acto comezou coa habitual troca de trofeos por parte dos campións da pasada edición. Daquela, Donostia Arraun Lagunak entregou o orixinal do Trofeo Euskotren para levaren a réplica do mesmo para as súas vitrinas da man de Alberto Ruiz de Lazkano. Posteriormente, Itsasoko Ama Sotera facía o mesmo coa Coroa CaixaBank entregada por Angel Garabieta Director Comercial de CaixaBank.

A gala continuou coa proxección dun vídeo que percorreu a traxectoria da Liga Eusko Label dende 2003. Ioseba Amunarriz, presente en todas as edicións da Liga Eusko Label, e Jon Ander De la Hoz, debutante na presente campaña, repasaron os momentos máis importantes da competición da súa creación até a actualidade.    

Borja Rodrigo, presidente da ACT e Arantxa Tapia, representando ao noso principal patrocinador, Eusko Label, deron a benvida a todos os clubs desexándolles sorte durante as vinte xornadas.

Por último, tamén se presentaron as novidades de cara á nova tempada que comezará o dous de xullo en augas de Bilbao, salientando a volta do espazo destinado aos afeccionados, a Fan Zone. Este verán, os seguidores dos clubs poderán voltaren gozar do Bonito Eusko Label á grella, da Keler, cervexa oficial da Asociación e da zona CaixaBank, onde se poderán fotografar cos trofeos das dúas competicións.  

Voltar