Novas 2014

COMPETICION

06 Mar 2014

"Barcelona é un espello mundial e hai que o aproveitar"

"Barcelona é un espello mundial e hai que o aproveitar"

A Xunta Directiva valora de xeito moi positivo a volta da Liga San Miguel á Cidade Condal aínda que "este ano o reto é maior"

A Liga San Miguel terá o vindeiro 29 de xuño o seu comezo en augas de Barcelona por segundo ano consecutivo. A Cidade Condal será de novo o escenario elixido pola máxima competición de traíñas para soltar as estachas na pugna pola ‘Coroa La Caixa’ coa disputa da II Bandeira Euskadi Basque Country, que chega da man do Goberno Vasco e o Ajuntament de Barcelona. A xunta directiva da Asociación de Clubs de Traíñas observa con moita ilusión este novo reto, aínda que son conscientes do que supón esta nova saída ás augas do Mediterráneo. "Dende hai un tempo temos claro que debemos tentar no inicio da tempada sair do noso ámbito. Tras da experiencia do ano pasado, decidimos voltar e o nivel de exigencia este ano é un pouco máis alto xa que, polo menos, teremos que facelo como o ano pasado", apunta Pedro Andueza, presidente da ACT.

O secretario da ACT, Francisco Gárate, tamén tilda este inicio como un ‘reto’. "Temos que seguir tentando e promovendo que a ACT siga afianzándose en lugares como Barcelona", explica Gárate. Por otra banda, José Manuel Ortiz, vogal da asociación, admite que “en Catalunya, e no Mediterráneo en xeral, cada vez hai máis afección ao remo e exemplo disto foi o que vimos en Orio fai unhas semanas. Da ACT temos que aproveitármonos destas sinerxias”.

No que á escolla de acudir a Barcelona, a tesoureira da ACT, Maria Isabel Diago, comenta que “tanto o marco onde se vai remar, como a propia cidade en sí, fai que esta saída sexa moi positiva”. A esta idea súmase tamén o presidente da Asociación, Pedro Andueza. “Barcelona é un espello mundial e alí celébranse todo tipo de eventos. Temos que aproveitar esta oportunidade para seguir dando a maior difusión posíbel a este deporte”, conclúe Andueza. 

Voltar